Sorteo dun Lupo Plot

O sorteo xa rematou
 
 
[blockquote indent=”yes” ]Xogo + Aprendizaxe = Lupo [/blockquote]

Volvemos a falarvos do Sistema Lupo, encántanos!! É unha ferramenta didáctica baseada no xogo co fin de proporcionar coñecementos prácticos de física, matemáticas, xeometría (visión espacial en 2D e 3D) e arte nas súas múltiples vertentes, fundamentalmente arquitectónicas. O manexo das pezas deste sistema e os retos con diferentes niveis de dificultade que presenta, favorecen o desenvolvemento das destrezas motrices e creativas.

Queremos que podades coñecer o sistema e por iso, grazas ao seu creador, volvemos a sortear un Lupo Plot, o modelo Carnaval. Gustaríavos conseguilo? É un xoguete de construción con 13 pezas de sete formas e dimensións proporcionais. Para participar, tan so tedes que:

  • Ser seguidores de lamariola en Facebook
  • Ser Seguidores de Sistema Lupo en Facebook
  • Escribir un comentario neste artigo contándonos por que queredes conseguir este Lupo (incluíndo o voso nome e apelido) 

O sorteo comeza hoxe 8 de xaneiro e podedes participar ata o día 21 de xanero. Comunicaremos o nome dos gañadores o 22 de xaneiro a través de Facebook e Twitter. Así que estade moi atentos!

IMPORTANTE! Se despois de anunciar o nome do gañador ou gañadora e de comunicarllo por mail, non respondese en 48 horas, volveríamos a realizar de novo o sorteo.

lupoplot

Sistema Lupo

Lupo xorde ligado a unha patente ideada polo arquitecto Fermín Blanco. É un sistema de construción baseado nun set de sete tipos diferentes de pezas proporcionais entre si, que permiten infinidade de aparellos. Para traballar en grupo e a gran escala está pensado o Super Lupo ou Timber Lupo. En tamaño doméstico o Eco lupo ou Lupo Plot e como autoconstruible o Lupo DIY. Un xoguete de construción único, creado con tecnoloxía avanzada en corte por control numérico e en impresión 3D e con materiais ecolóxicos biodegradables como no caso de Lupo Plot fabricado con PLA, un bio plástico de orixe natural. Ademáis non require embalaxe xa que a caixa se crea coas súas propias pezas.

*Podedes seguir todas as novidades e os talleres que realizan a través da súa web www.sistemalupo.ferminblanco.com.

 

Sorte a tod@s!!!

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.