Sorteo de entradas para Los Lunnis

sorteo_lunnis

Los Lunnis e o seu espectáculo El Cohete Musical estarán o vindeiro 4 de xaneiro ás 17h no Teatro Colón da Coruña. Un concerto recomendado para nenos a partir de 2 anos, cos populares presentadores de Clan TV, Juan ‘D’ e Beatriz, xunto a Los Lunnis. Cantan as cancións que se emitiron na sección El Cohete Musical do programa de Los Lunnis e as marionetas son as mesmas que aparecen en televisión.

[blockquote indent=”yes” ]Apetécevos disfrutar deste concerto en familia?[/blockquote]

Regalamos unha entrada dobre para que podades disfrutalo, que tedes que facer? É moi sinxelo:

  • Ser seguidores de lamariola.es en Facebook e, se queredes, compartilo no voso muro.
  • Escribir un comentario neste artigo contándonos por que queredes ir a ver este espectáculo (incluíndo o voso nome e un apelido).

O sorteo comeza hoxe 28 de decembro e podedes participar ata o xoves 2 de xaneiro. Comunicaremos o nome do gañador a través de Facebook, Twitter e mail… así que estade moi atent@s!

 

[highlight style=”yellow” ]IMPORTANTE! Se despois de anunciar o nome do gañador e de comunicarllo por mail, non respondese as entradas pasarían aos suplentes por orde segundo o resultado do sorteo.[/highlight]

[blockquote indent=”yes” ]Sorte a todos!![/blockquote]

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.