Sarah Roca Fotografía

As súas sesións de fotos son toda unha experiencia, momentos únicos que capta para converter en recordos. Hoxe falámosvos de Sarah Roca. É fotógrafa e quixemos coñecela un pouquiño mellor e achegarnos ao seu traballo. Sempre lle gustou o mundo da imaxe e despois de estudiar produción de audiovisuais e imaxe, dedicouse á fotografía de moda. Agora é fotógrafa premamá e de nenos e cóntanos que lle encanta “a dozura nas fotos de recén nacidos, os diferentes sentementos que che pode producir a foto dun neno e o poder plasmar un momento tan importante para unha muller como o é o seu embarazo”.

sarah roca fotografía embarazo

As súas sesións con recén nacidos están coidadas co máximo detalle. Fainas no seu estudo de Santiago de Compostela entre os 5 e 10 días de vida do bebé (por iso é importante contactar con Sarah antes de que nazca o bebé). A sesión soe durar entre 2 e 4 horas, mimando en todo momento as súas necesidades. Ademáis de fotografialos no seu estudo, os nenos máis maiores, a partir dos 6 meses, tamén os fotografía en exteriores e desplázase a outros lugares (con custe de desprazamento).

Todos os seus traballos levan grandes doses de ilusión e entrega e Sarah intenta que as familias disfruten e pasen un momento agradable. Poderedes elixir entre diferentes packs nos que ter os archivos dixitales, pero tamén noutros soportes: “as fotografías é importante telas tamén impresas”, cóntanos.

sarah roca fotografía recién nacidos

sarah roca fotografía

sarah roca fotografía

Podedes contactar con Sarah a través do teléfono 677 648 116, do mail info@sarahroca.com ou no apartado contacto da súa web: sarahroca.com.

Tamén podedes seguir todas as súas novidades en Facebook, no seu blog e en Instagram.

 


 

Sorteo!!

Como sempre, encántanos que probedes todo o que vos contamos e grazas á colaboración de Sarah temos novo sorteo! Poderedes conseguir unha sesión con Sarah Roca en Santiago e 10 fotografías en CD. Para que todos podades participar tedes a opción de elixir a sesión que máis vos guste: de recén nacido, de fotografía de embarazo, sesión infantil (de 6 meses a 1 ano) e sesión de familia en exteriores.

Como conseguila? É moi sinxelo, tedes que:

  • Ser seguidores de lamariola.es en Facebook
  • Ser Seguidores de Sarah Roca en Facebook e compartir o sorteo no voso muro.
  • Escribir un comentario neste artigo contándonos por que queredes conseguir a sesión de fotografía (incluíndo o vose nome e apelido) 

 

O sorteo comeza hoxe 16 de xullo e podedes participar ata o día [highlight ]30 de xullo[/highlight]. Comunicaremos o nome dos gañadores o 31 de xullo a través de Facebook e Twitter. Así que estade moi atent@s!

 

IMPORTANTE! Se despois de anunciar o nome do gañador ou gañadora e de comunicarllo por mail, non respondese, volveríamos a realizar de novo o sorteo.

 

Sorte a tod@s!!!

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.