San Xoán 2016 en Galicia

Non falta nada para que o cheiro a sardiña e a fume chegue a todos os recunchos de Galicia. O xoves celebramos a noite máis curta do ano e en prazas, praias, asociacións de veciños, familias… non faltarán as sardiñas, o pan, a música, as herbas e flores de San Xoán… e por suposto o foléon, a cacharela, fogueira, luminaria, cacheira… ou como lle chamedes na vosa zona para saltala e espantar os malos espíritus -en moitas zonas a creenza é que hai que saltala 9 veces para chamar á boa sorte-, por aquí xa estamos preparados!!

Cóntovos algunhas festas en Galicia onde poderedes celebrar esta noite máxica (irei ampliando a información segundo avance a semana):

A CORUÑA

  • A CORUÑA. Estes días poderedes disfrutar do teatro e da música na Coruña, como antesala da celebración do San Xoán Pequeniño o venres durante todo o día. A noite do xoves tamén haberá música e a partir das 00.00 horas a queima das foguerias na praia de Riazor.
  • SANTIAGO. En Santiago durante a xornada do xoves haberá diferentes talleres (para recoller herbas de San Xoán, de música, de baile), diferentes rutas, mercado tradicional… e as actividades prolongaránse o venres con máis talleres e contacontos e o sábado. Aquí podedes ver o programa completo.
  • CARBALLO. En Carballo o xoves haberá música e concurso de cachelas e as festas prolonganse durante toda a semana. O sábado estará Paco Nogueiras co seu concerto Brinca Vai!; o domingo haberá un espectáculo de circo-teatro acrobático con Desastronauts; o luns e martes é o Día dos Nenos e Nenas con descontos nas atraccións; e rematan o domingo 3 de xullo coa Festa do Bosque no Bosque do Añón cunha xornada de actividades, música e xogos tradicionais. Aquí está todo o programa.
  • FERROL. No barrio ferrolán de Filgueira o xoves comezan as feestas con sardiñada e música. O venres continúa a festa con música e unha festa infantil a partir das 20h. O sábado será a festa da espuma a partir das 20h.

 

LUGO

  • VILALBA. A Noite de San Xoán celebraráse na Praza de Santa María de Vilalba con sardiñada, música e teatro a partir das 21h.
  • SARRIA. O xoves también comezan en Sarria as festas de San Xoán a partir das 20.30h coa lectura do pregón. Celébrase a Noite do Lume con espectáculo pirotécnico, cea e música tradicional.

 

OURENSE

  • OURENSE. En Ourense a Asociación Cultural A Galleira celebra o xoves unha festa de San Xoán a partir das 19h con espectáculos e música, ademais da tradicional sardiñada, na Praza de San Cosme.
  • VERÍN. Na Praza García Barbón celébrase o venres a Noite máxica celta con espectáculo de pirotécnica, música e teatro.

PONTEVEDRA

  • VIGO. En Vigo haberá 21 fogueiras repartidas polos distintos barrios e parroquias da cidade. Os xogos infantís comezarán ás 20h o xoves na Noite Meiga do Berbés, no casco antigo. Haberá además taller de danzas e espectáculo de maxia. En Navia tamén haberá actividades para os nenos. En Chapela, na Praia de Arealonga, ás 19h comezarán as actividades e continuarán o venres e o sábado.
  • BAIONA. A gran sardiñada e a música en directo tampouco faltará en Baiona, a partir das 20 horas na praia de Ribeira.

 

 

E vós ónde o celebrades? Podes contarmo nos comentarios (aquí abaixo) e así entre todos coñeceremos todas as festas que estes días encontraremos en Galicia!

leandrolamas

Ilustración de Leandro Lamas

Escribe un comentario