Ruta informativa pola Ribeira Sacra

O vindeiro día 5 de outubro poderedes participar nun roteiro e nunha comida popular en Nogueira de Ramuín en Ourense. Trátase dun roteiro informativo organizado pola plataforma contra la A76 da Ribeira Sacra. Poderedes pasar un día en familia e coñecer as consecuencias da autovía ao seu paso por esta zona da Ribeira Sacra.

Durante a xornada a plataforma tratará de dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial, a paisaxe e os núcleos de poboación polos que está previsto que discorra a autoestrada A76. O roteiro transcorrerá polas aldeas de Souto de Chao, A Seara, Casdecid, Vilanova, Varxela, Zumento, Celeiros, O Val, Forraqueira, A Pereira, Ferreirúa e A Penalba ata rematar na capela da Costria. Logo haberá un xantar popular, ademais de música e outras actividades lúdicas.

  • Dirixido a: todos os públicos
  • 5 de outubro | 10 horas
  • A ruta é de 5 km e de dificultade baixa
  • É unha actividade gratuita

Escribe un comentario