Roscón de Reis

Estamos a mil por hora estes días, coas pilas cargadas e desexando presentarvos todas as novidades de lamariola para este 2014! Pero mentres tanto, xa sabéis… é necesario pisar o freo e o noso propósito para 2014 é vivir a vida en modo #slow, disfrutando dos detalles e das pequenas cousas. Así que hoxe propoñémosvos elaborar na casa cos nenos o voso propio roscón de Reis.

Compartimos a receita de Kanela y Limón. Necesitaredes para o prefermento: 50g de fariña, 16g de levadura fresca de panadería, 10g de azucre e 30g de leite tibia ou a temperatura ambiente e para a masa do roscón: 3 ovos, 70g de manteiga de vaca ou mantequilla derretida, reladura de 1/2 limón, reladura de 1/2 laranxa, 10g de esencia de azahar, 40g de leite tibia ou a temperatura ambiente, 20g de zume de laranxa, 80g de azucre, todo o prefermento, 400g de fariña de forza + 50g a maiores e 4g de sal.

Podedes seguir o paso a paso en Kanela y Limón.

roscon_kanelaylimon

Son fiel seguidora de Cristina, a súa autora, das súas receitas e sobre todo das súas fotos… Propónnos tamén un roscón de Reis de chocolate, atrevédesvos con el? Podedes ver a receita no seu blog: Kanela y Limón.

E noutro dos meus blogs favoritos, La Receta de la Felicidad, encontraredes tamén este rico Roscón de Reis caseiro. Fácil e moi rico!

roscon_recetadelafelicidad

[blockquote indent=”yes” ]Feliz e doce espera de Reis!!![/blockquote]

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.