Poesía para nenos

A musicalidade da poesía atrápaos… dende que son pequenos os xogos de palabras, os poemas e as cancións son algo natural para os nenos. Hoxe celébrase o Día da Poesía e queremos aproveitar a ocasión para recomendarvos algunhas lecturas. A poesía fortalece a súa memoria, as rimas son divertidas para eles e tamén melloran a súa expresión verbal e corporal. Podemos planteala ademáis cun xogo, crear novos versos e convertilos en cancións…

Un clásico que seguro que moitos xa conocedes é Frederick de Kalandraka. Todos os ratonciños recolectaban froitos e comida para o duro invierno, menos Frederick, que recollía cores e raios de sol como bo poeta e artista.

frederick

 

O xenial poema de Pablo Neruda ilustrado por Elena Odriozola, Oda a una estrella, é máxico como a estrela que rouba o protagonista. Ideal para leer e releer.

odaaunaestrella

 

Non podía faltar tampouco nesta selección a poeta dos nenos. Recomendámosvos Gloria Fuertes, poeta para todos, un libro + CD de poemas recitados pola escritora.

gloriafuertes

 

 

E además destas recomendacións queremos que escoitedes un anaco do espectáculo de poesía sensorial para bebés con Raquel Queizás e Chus Álvarez: Chíos. A min tenme namorada…

 

[blockquote indent=»yes» ]Encantaríame recibir as vosas recomendacións, que conto ou libro de poesía é o preferido dos vosos nenos?[/blockquote]

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.