Peque Ruta pola Fraga do Barragán

Asociación Cultural O Coto organiza para domingo día 11 de maio a ruta de senderismo para familias e nenos pola senda da Fraga do Barragán. Trátase dun percorrido por unha das fragas mellor conservadas e máis fermosas da provincia de Pontevedra: camiños tapizados de musgo, pontellas de madeira ou de pedra, chans cubertos polas follas das árbores de abraiantes fragas e bosques de ribeira quilométricos, muíños de herdeiros ou de abades e como non a auga cristalina e sonora case sempre presente na andaina.

Dirixida a: nenos maiores de 5 anos e familias

11 de maio  | 11 horas

Saída: Colexio Público do Carballal Como chegar

Para máis información podedes chamar aos teléfonos  986 487 957 – 676 524 529 ou escribir un mail a andaina@ocoto.org.

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.