Peluquería para nenos Fan Look!

Buscades unha peluquería divertida para levar aos nenos? Que se divirtan mentres lles cortan o pelo? En Fan Look na Coruña dispoñen dunha zona infantil onde os máis pequenos se poderán subir aos coches e avións e disfrutar dos seus debuxos preferidos en tablets mentres os peitean e lles cortan o pelo.

Fan Lookno Centro Comercial Marineda City da Coruña, é unha peluquería con espazo para os máis pequenos, pero tamén cunha área xuvenil cun tocador e con tablets individuais para navegar e xogar. Ademais converten a peluquería nunha experiencia para disfrutar en familia porque tamén peinan ás mamis e cortan o cabelo aos papis… Xa non teredes que pasear nin facer tempo mentres esperades…

 

fanlook1

fanlook2

Produtos naturais

En Fan Look utilizan produtos orgánicos, ecolóxicos e naturais, como os de Original Sprout. O obxectivo é coidar o cabelo, para que medre forte e san, así que non aplican compoñentes químicos.

Bye, bye piollos!

Propoñen unha solución eficaz aforrándoche tempo e gastos. Eliminan os piollos, conseguindo minimizar a probabilidade de contaxio. Ademais fano de forma profesional e sen insecticidas, sen incluír compoñentes químicos que podan danar o cabelo ou a pel dos nenos.

Complementos & accesorios

Contan cun amplo catálogo de lazos, diademas, coleteiros, pinzas… con deseños exclusivos Fan Look!, complementos combinables cos uniformes dos colexios da Coruña, e, ademais personalizan calquera dos seus deseños adaptándoos á cor e a tea que máis vos gusten!

complementos_fanlook

  • Horario: de luns a venres de 16 a 21 horas – sábados de 11 a 21 horas e domingos e festivos de 12 a 20 horas
  • Citas: podedes chamar ao teléfono 981 912 272 ou escribir ao mail info@fanlook.es.
  • FAN LOOK! está na planta de OCIO dentro do espazo Fan Square no Centro Comercial Marineda City da Coruña Como chegar

Escribe un comentario