Para almorzar… madalenas caseiras!

Hoxe recomendámosvos unha receita rica, fácil e rápida, ideal para os almorzos ou as merendas dos nenos. E aínda que seguro que moit@s xa a fixéchedes algunha vez queremos compartir esta receita de Raquel de Los Tragaldabas (se non a conocedes, seguídea, porque fai unas receitas ricas acompañadas dunhas bonitas fotografías, é pura inspiración!).

Resumimos os ingredientes e os pasos principais: necesitaremos 500gr de fariña de repostería, 7 ovos, 500gr. de aceite de oliva, 500gr. de azúcar, 1 sobre de levadura Royal, pel dun limón e ralladura de pel de limón.

madalenas_caseras

magdalenas_caseras

Teremos que batir os ovos e o azúcar, engadir a ralladura do limón, a fariña, a levadura e o aceite frío ata conseguir unha mestura homoxénea. Co forno precalentado a 200º, colocaremos as cápsulas no molde e encherémolo, engadindo un pouco de azúcar sobre elas. Enfornar a 200ºC durante 15-20 minutos. Deixamos enfriar sobre unha reixa e listas!

Fotos e receita orixinal: Los Tragaldabas.

¡Compártelo!
Artículo anteriorFestival de títeres
Artículo siguienteBlancanieves en Ferrol

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.