Outlet do libro galego en Pontevedra

Outlet do libro galego en Pontevedra

outlet_libroSe queredes mercar libros a prezos de crise tedes que visitar o segundo outlet do Libro Galego que se celebra esta semana en Pontevedra. Atoparedes libros infantís dirixidos aos nenos, pero tamén narrativa, ensaio, viaxes, música, gastronomía, deportes… Con esta iniciativa preténdese promocionar e dar visibilidade aos libros galegos. Trátase de ensinar aqueles títulos e autores que foron reemprazados polas novidades editoriais e que xa non están nos escaparates das librarías galegas.

¡Non deixedes pasar a oportunidade!

CAFE MODERNO na Praza de San José en Pontevedra Como chegar

Do 21 ao 29 de xullo | de 11.30 a 14 horas e de 18 a 21.30 horas

Escribe un comentario