Os pufs máis divertidos

Hoxe falamos dun elemento de decoración e de xogos que nos encanta! Pódelo colocar en habitaciones infantís, no salón… e ademais de ser cómodos e divertidos hainos de miles de formas e cores. Seleccionamos algúns…

En Nobodinoz vimos estes pufs de rombos de varias cores, ideais para calquera habitación infantil.

puf_nobodinoz

Na tenda online da marca danesa Ferm Living ademais de ter mil e unha cousas bonitas, ten estes pufs cun deseño super chulo!

puf_fermliving

Se buscades darlle un toque natural á habitación os deseños de Stephanie Marin para Smarin Design son xeniais. Podédelos comprar en CoolKids e ademais da súa aparencia, están deseñados cunha premisa clara: o respeto polo medio ambiente a través da utilización de materiais puros e naturais.

puf_livingstone

E este elefante de Tantoo é incríble!

puf_tantooo

Como vedes hainos de todas as formas e tamaños… para ler, para xogar, para saltar, para durmir… Que vos parecen?

[blockquote indent=”yes” ]Unha curiosidade: a palabra puf procede do francés pouf e significa asento brando, normalmente sen patas nin respaldo. Provén da onomatopeia do ruído ao sentarse sobre algo brando que expulsa o seu aire.[/blockquote]

Feliz venres!

 

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorActividades en Langstrump
Artículo siguienteGalicreques 2013

Escribe un comentario