O papel dos pais no Método Suzuki

Xa vos presentamos á nosa colaboradora Paula Colás. Ela introduciunos no método Suzuki e hoxe explícanos un dos piares deste modelo de ensinanza: os pais.

Cando decidimos que queremos educar ao noso fillo baixo o método Suzuki, é preciso saber que os pais van ser unha parte moi importante do proceso. Os nenos comezan normalmente con 3 anos a tocar e é bo que os pais sexan os que lles axuden no proceso e sexan os seus ‘profes’ na casa.

[blockquote indent=”yes” ]Filosofía e técnica do violín[/blockquote]

Entón, eses pais necesitan que os formemos e lles ensinemos as cuestións básicas de filosofía e de técnica do violín para poder axudarlles o mellor posible. Non é necesario que acaben tocando o concerto máis difícil de violín, pero ao ser novos en todo isto, podémolos axudar moitísimo a que coñezan a filosofía de aprendizaxe, os conceptos básicos de postura, música…

Ter boa comunicación cos pais é importantísimo, ambos debemos traballar xuntos para axudar ao máximo aos nosos nenos así que ter confianza, poder axudarlles a crear e establecer unha boa práctica na casa, aconsellalos… é algo que todo profesor Suzuki debería facer cos seus pais.

Estamos moi acostumados a que o proceso de ensinanza sexa alumno —> profesor, pero no método Suzuki ademais engadimos aos pais conformando o famoso triángulo Suzuki. Cando un neno aprende a falar,os padres sempre están alí: reforzando, ampliando, e creando un ambiente xenial para que o neno se desenvolva e vaia completando a súa fala. Igual debería ser cun instrumento: hai que aparcar a visión un poco ríxida e dura da música, para facela máis lúdica, un arte de disfrute tanto para nenos como para pais que se integran de maneira moi positiva no proceso.

suzuki_padres

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.