Os Bolechas en Espacio Coruña

Os Bolechas estarán esta fin de semana no centro comercial Espacio Coruña. Música, obradoiros e moitas sorpresas para os máis pequenos da casa.

  • Pasarrúas: as personaxes da familia Os Bolechas levarán o seu choche R4 que se colocará na planta baixa do centro comercial facendo soar a súa música. As personaxes pasearán saudando, falando e deixándose facer fotos cos nenos.
  • Obradoiros: dentro dunha carpa dotada de música, luces, mesas e sillas, os nenos poderán levar a cabo diferentes talleres: de debuxo con sorteo: os nenos poderán realizar debuxos con plantillas que lles entregarán os monitores e entregaráselle aos pais un cupón para entrar nun sorteo (o día 25 ás 20.30h) e poderán conseguir unha biblioteca básica dos Bolechas, un curso de inglés dos Bolechas e un DVD cos temas dos Bolechas. Haberá ademáis un taller de creación de chapas e un taller de maquillaxe.
  • Exposición de debuxos: con todos os debuxos que os nenos fixeron durante os dous días realizaráse unha exposición que se poderá visitar durante unha semana. Entre todos aqueles que presten os seus debuxos á exposición, realizaráse outro sorteo (o sábado 31 ás 17.30h)

 

  • Dirixido a: todas as idades
  • 24 e 25 de xaneiro | de 18 a 20.30 horas
  • Centro Comercial ESPACIO CORUÑA Como chegar

 

Escribe un comentario