O noso cumpre. Parte I

Aínda seguimos cun sorriso de orella a orella grazas a todos os que nos acompañáchedes o venres na festa do noso primeiro cumpreanos. Foi estupendo poñervos cara a moitos e coñecervos a outros tantos… Unha das cousas máis especiais foi Langstrump e dende aquí agradecemos a Liza e á súa familia o prestarnos a súa casa para a ocasión. E tamén foi importante para nós a presencia de María, de Tragaluz Fotografía, por acompañarnos e retratarnos no noso día, ensinarémosvos as súas fotos!

Grazas á Librería CascanuecesTeatro ColónBebéGadis, Anxo Moure e A Casa das ÁrboresAlatarta Juguetes de Cartón por acompañarnos tamén ese día en forma de agasallos para os peques, estamos moi agradecidas polo seu apoio!

Non nos podemos esquecer dos nenos, dos seus sorrisos, das súas gañas de pasalo ben… Unha tarde estupenda que nos axuda a continuar con máis forza o noso proxecto…

gracias

Esperamos enseñaros moi pronto as mellores fotos da festa… esto é só unha mostra do bonito que é Langstrump e o ben que o pasamos…

 cumple blog

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorCamiño ao Gaiás 2013
Artículo siguienteFalaRedes: Augalingua

Escribe un comentario