O Método Suzuki

A nosa experta no Método Suzuki: Paula Colás

Paula Colas - Método Suzuki

Hoxe querémosvos falar da importancia da música para os máis pequenos e presentarvos á experta que colaborará connosco e que nos explicará cada mes como é o método de ensino que ela aplica. É Paula Colás profesora de Método Suzuki e Music Mind Games. A través da súa escola En clave, Educación musical, imparte clases en Santiago de Compostela e A Coruña. É Licenciada en violín no Conservatorio Superior de Música de Aragón e cun extenso currículo de formación musical en Zaragoza, Galicia e Londres. Formada en British Suzuki Institute de Londres, é a primeira profesora federada en Galicia nesta metodoloxía.

Por iso quixemos que nos explique o seu método de aprendizaxe e como os máis pequenos poden aprender dende idades temperás a linguaxe musical.

Pero… comecemos polo principio, quen é Dr. Suzuki? Cóntanos Paula que Schinichi Suzuki foi un pedagogo e violinista xaponés que desenvolveu a súa carreira a mediados do século XX. O seu interese pola pedagoxía veu despois de ver como os nenos en Xapón eran capaces de aprender unha linguaxe, en moitas ocasións dialectos moi difíciles, tendo as condicións e o ambiente axeitado, por que non levalo á aprendizaxe do violín? E así xurdiu o método da lingua materna, o que nós coñecemos como o Método Suzuki. Entón, se a linguaxe é algo que todas as persoas poden adquirir… por que non o pode ser o feito de tocar un instrumento?

Unha das bases do método é a idea de que o talento non é algo innato, existe a educación dese talento e coas condicións adecuadas todos os nenos poden chegar a iso

A idea de Suzuki foi a de educar e crear bos cidadáns, que os nenos puidesen desenvolverse a través da música. Con pezas musicais progresivas e moi ben secuenciadas, Suzuki comezou a crear uns libros nos que os alumnos ían afrontando pouco a pouco as dificultades técnicas.

[blockquote indent=”yes” ] Cales son as características principais do método?[/blockquote]

  • O papel activo dos pais. A participación activa dos pais: o pai é o profesor na casa, asiste ás clases e dánselle nocións sobre o que hai que traballar co seu fillo.

  • Comezo a unha idade temperá. A adquisición do hábito de tocar un instrumento pódese traballar dende os 3 anos, máis ou menos. Nesa idade o niño ten as condicións físicas necesarias para empezar o proceso. Non quere dicir que nenos con máis ou menos anos non podan comezar, cada caso é único e en calquera momento se pode comezar, simplemente acóutase unha idade mínima na que o desenvolvemento físico e madurativo permita que se poda dar esa iniciación.

  • Entorno positivo. Un dos fundamentos do método é que calquera neno ten talento, que o talento se pode educar que non é algo innato, por iso respéctase o ritmo de aprendizaxe de cada neno e créase un entorno no que a confianza e o reforzo positivo sirvan ao neno para motivalo.

  • Escoita.É moi importante que cada día o alumno escoite as pezas que se están aprendendo

  • Grupo e individualidade. A combinación de clase individual e clase de grupo: na individual trabállase o específico que necesita cada alumno, na colectiva trabállanse e refórzanse aspectos comúns e serve de sociabilización con nenos e familias cos mesmos intereses.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Grazas a Paula por introducirnos neste método, para moitos de nós descoñecido, seguiremos aprendendo con ela en próximos artigos…

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.