O Crebanoces

O espectáculo O Crebanoces percorrerá Galicia estes meses. Trátase dun espectáculo de monicreques inspirado no coñecido conto de Nadal de Hoffmann e acompañado pola música de Tchaikovsky.

Na noite de Nadal o padriño regálalle á pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces, este acaba rompendo, e Clara desgústase moito. Para consolala o padriño contaralle a historia do boneco Crebanoces, que é un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.

En decembro:

  • Día 3 | 19 horas | Auditorio Municipal de Arteixo
  • Día 5 | 18.30 horas | Edificio Multiúsos de Santa Comba
  • Día 6 | 19 horas | Casa da Cultura de Outes
  • Día 7 | 18 horas | Auditorio Municipal de Ourense
  • Día 8 | 18.30 horas | Auditorio Municipal de Padrón
  • Día 14 | 12 horas | Auditorio de Vilagarcía de Arousa
  • Día 14 | 18.30 horas | Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela
  • Día 15 | 12 horas | Auditorio Municipal de Ribeira
  • Día 22 | 11.30 horas | Edificio de Usos Múltiples en Sobrado
  • Día 22 | 19 horas | Auditorio Municipal de Quiroga
  • Día 23 | 11.30 horas | Casa da Cultura de Laracha
  • Día 23 | 19 horas | Edificio Multiúsos de Rois
  • Día 26 | 20 horas | Teatro Municipal Lauro Olmo no Barco de Valdeorras
  • Día 29 | 11.30 horas | Centro Sociocultural de Vedra
  • Día 29 | 17.30 horas | Concello de Cee

En xaneiro:

  • Día 2 | 12 horas | Centro Social O Salón de Abegondo
  • Día 2 | 18.30 horas | Centro Sociocultural da Ramallosa en Teo
  • Día 3 | 11 horas | Casa da Cultura Santeiros de Chave en Lousame
  • Día 3 | 18 horas | Casa da Cultura do Milladoiro en Ames
  • Día 4 | 12 horas | Sociedade Liceo de Noia
  • Día 4 | 19 horas | Forum Metropolitano da Coruña
  • Día 5 | 12.30 horas | Centro Cultural Torrente Ballester en Ferrol
  • Día 7 | 18 horas | Concello de Fisterra
  • Día 8 | 18 horas | Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa en Oroso

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Dirixido a: público infantil e familiar

A entrada é de balde

*Podedes seguir o calendario e as modificacións do mesmo AQUÍ.

Escribe un comentario