O Camiño dos Faros

O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo que une Malpica con Fisterra pola beira do mar e pasa por todos os faros e principais puntos de interese da Costa da Morte. A ruta, de 200 quilómetros, percorre moitas paisaxes diferentes, sempre mirando cara ao mar: faros, praias, dunas, ríos, acantilados, bosques, estuarios, mares de granito, castros…

Dende a asociación do Camiño dos Faros aconséllannos as seguintes etapas para ir cos nenos:

Malpica – Ermita de San Adrián. A primeira etapa desta ruta sae do faro do porto de Malpica e percorre todo este fermoso pobo mariñeiro: o porto, as rúas, o Paseo Marítimo e a praia de Area Maior. Antes de chegar á Ermita de San Adrián pasaredes pola praia de Seaia e a fonte dos romeros. Desde San Adrián disfrutares da amplia panorámica de Malpica e as Illas Sisargas.

Corme-Ponteceso: dende o porto pesqueiro de Corme e de camiño a Valarés, pasaredes polas praias do Osmo, a Hermida e A Pedra da Serpe. Unha pista forestal sobre a ría levarávos a Valarés. Dende o mirador de Monte Branco poderedes contemplar a desembocadura do Anllóns, á que chegaredes atravesando as dunas de Barra e a ensenada da Insua, de gran importancia ornitolóxica.

camiñodosfaros

camiñodosfaros

Neaño-Castro A Cibda (por Rego dos Muiños): de Neaño parte un paseo de 3 quilómetros dende a praia de Orixeira ata O Lodeiro onde podedes contemplar a gran cantidade de aves que teñen o seu hábitat no Estuario do río Anllóns. Ao chegar ás Grelas iredes cara o interior pola Ruta do Rego dos Muíños subindo ata o Castro A Cibda de Borneiro.

Santa Rosa-Soesto-Traba: a ruta discorre polas praias de Laxe ata a Laguna de Traba. É un percorrido con poucas pendentes que comeza en Arou pero que podedes comenzar no Cementerio dos Ingleses, coa praia de Trece e a Punto Boi. Dende alí veredes Cabo Vilán.

Cabo Vilán-Camariñas: dende Vilán achegarédesvos a Camariñas por outra senda que percorre o litoral, pasando pola capela da Virxe do Monte.

 Ruta polos arredores de Cabo Touriñán

 Ruta polos arredores de Cabo Fisterra

Podedes seguir cada unha das etapas na web Camiño dos Faros. Unha completa guía na que atoparedes cada etapa ao detalle e poderedes coñecer e seguir cada paso de Traski, o trasno da Costa da Morte. 

En Wikiloc podedes localizar e ver o Camiño dos Faros.

camiñodosfaros

 

 

 

 

 

Escribe un comentario