Nova colección de CASA K

Coñecedes as prendas de CASA K? Son prendas deseñadas para que os nenos e nenas de 2 a 7 anos podan vestirse cos seus personaxes dos libros publicados pola editorial Kalandraka. Este outono-inverno presentaron xa a súa nova colección de pixamas, dedicados aos personaxes dos contos O coelliño branco, Renato e A cebra Camila.

Ademais de ser roupa para vestir de conto é roupa para xogar! Son pixamas suaves, cálidos e duradeiros. A parte de arriba dos pixamas é una camiseta con manga ranglán, máis cómoda e que facilita o movemento dos brazos con maior soltura. Cunha feitura deportiva, os puños da camiseta axústanse ás extremidades para abrigar o cuerpo en todo momento.

casak_pijamas

Podedes ver AQUÍ o catálogo da nova colección.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

CASA K crea prendas cheas de cor, alegres, de algodón 100% con tratamento peeling (anti-bolas) e co selo Oeko-Tex, un certificado que desde 1992 garante produtos textiles inocuos para a saúde e o medio ambiente.

As serigrafías que decoran as prendas carecen de plastisol, o que favorece a transpiración, o planchado da roupa e o seu amoldamento ao corpo.
[blockquote indent=”yes” ]Animádesvos a probar estos pixamas? Para dormir a gustiño cos personaxes máis divertidos![/blockquote]
[divider style=”dotted” height=”60px” ]

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.