Preparámonos para o cole…

O cole e as rutinas están á volta da esquina, toca espremer ao máximo estes días de verán… lamariola tamén se está preparando para estrear nova tempada (pronto vos contaremos máis detalles…) e mentres seguimos traballando propoñémosvos unha manualidade para facer cos peques: unha libreta para anotar as súas ideas, para debuxar, para utilizar como axenda…

Como sempre o blog MerMag  sorpréndenos con ideas preciosas. Esta vez propóñennos facer unha libreta cos cartóns dunha caixa de cereais. Comezamos cortando a caixa de cartón no tamaño de libreta que máis nos guste e facemos dous buratos no lateral. Na portada podemos facer a inicial de nosos peques e os buratos para ir bordando con fío gordo. Cortamos as follas de papel segundo o tamaño da libreta, perforamos no lateral e co fío ou la unimos o cartón e anudamos.

libreta mermagblog

En Swellmayde dannos ideas para crear unha libreta chea de colorido. Necesitamos un cartón que será a tapa. Aplicamos sobre o cartón ou cartulina pegamento e pegamos o papel que máis nos guste, mesmo podemos combinar diferentes estampados e utilizar washi tape. Perforamos o lateral e atamos con cordel, quedan chulísimas!

libreta swellmayde

libreta swellmayde2

En Dotcomsformoms  explícannos como facer con cartulina unha libreta ou álbum para gardar fotos deste verán. Elixides a cor da cartolina, neste caso é craft, e cortamos tanto a cartolina coma as follas que forman o interior da libreta. Facemos un burato no lateral e cunha goma anoamos e listo!

libreta dotcomsformoms

FOTOS: 1 | 2 | 3 | 4

Escribe un comentario