Nomafernandez Moda

Nomafernandez son Noelia e María. Dúas irmás que hai un ano creaban a súa pequena empresa dedicada ao deseño e á confección de roupa de nenos de 1 a 12 anos. Dende o seu taller en Muros crean coleccións de liñas sinxelas e depuradas e, ao mesmo tempo, elegantes e con certo aire romántico. A súa ilusión por ter unha empresa propia e poder conciliar traballo e familia levounas a crear Nomafernandez, un proxecto cargado de paixón.

[blockquote indent=”yes” ]Moda artesanal confeccionada en Galicia[/blockquote]

Cóntannos que traballan presentando pequenas coleccións ao principio de cada temporada e a partir de aí son os clientes que encargan o que queren, escollendo a talla e moitas veces a cor de cada peza. Pregunteilles que é o que caracteriza a Nomafernandez, e non o dubidan: a calidade das súas pezas. A iso súmase un traballo artesanal e cheo de mimo que realizan no seu pequeno taller.

colección amelie_noma fernandez

colección erienne_noma fernandez

colección ada_noma fernandez

colección selene_noma fernandez

Podedes facer os encargos a través da súa web: nomafernandez.com ou de forma presencial no taller que teñen en Muros.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.