Noite da Lúa Meiga

Noite da Lúa Meiga no Viso (Redondela)

O sábado 25 de agosto será a Noite de Lúa Meiga no Viso en Redondela, unha velada para tódolos amantes da cultura e tradición galegas. A XI Noite da Lúa Meiga contará con música durante a noite e para a tarde os nen@s poderán participar en obradoiros e xogos populares.

ceorquestraXoeira. A asociación Xoeira realizará un obradoiro para tódalas nenas e nenos: Fai a Túa Meiga. Os máis cativos pasarano en grande construíndo unha terrorífica meiga.

Xabier Iglesias. Desenvolverá un obradoiro de Xogos Bailados, un bo xeito de achegarse ao mundo do baile tradicional.

Ce Orquestra Pantasma. O vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais, amosará aos máis pequenos a música tradicional e popular.

VISO en Redondela Como chegar

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.