Necesitamos cocinar!

Xa vos falamos en máis ocasións da Fundación Khanimambo e hoxe queremos contarvos a iniciativa que levan a cabo xunto a Velocidad Cuchara: Necesitamos cocinar!! Axiña se mudarán a un novo centro, pero a cociña aínda non está lista… Entre todos podemos facer que os nenos de Khanimambo podan ter unha linda cociña no seu novo edificio, La Fábrica de la Felicidad, e colaborar doando cubertos, vasos, tazas, mesas… O obxectivo é reunir todo o material antes de que finalice o ano, concretamente antes de Nadal para que todos os nenos de Khanimambo podan estrear o seu comedor.

Podedes doar o que queirades e contribuir a ir enchendo pouco a pouco a cociña. Na súa web 
necesitamoscocinar.fundacionkhanimambo.org
 podedes facer a doazón. Axudámoslles?

 
 

 
 
 

Xornada de portas abertas en Madrid

 
 

Quero aproveitar ademais para recomendarvos se estades en Madrid que o día 21 de outubro a partir das 19 horas Alexia Vieira, a presidenta da Fundación, estará na nova oficina de Khanimambo en Madrid nunha xornada de portas abertas, na que nos contarán noticias frescas de Xai-Xai e cómo van avanzando na Fundación. Están na Calle Castilla, 60, en Madrid.

 
 
 

Escribe un comentario