Modelado con Mimadriña

Modelado!

Contamos de novo coas ideas e a creatividade de Mimadriña no noso blog. Esta vez cóntanos cómo é a técnica do modelado. Isto foi o que nos contou…

Modelado? Si, modelado con barro, arcilla ou plastilina, un clásico. Este verán participei como formadora nun dos talleres para os nenos e nenas na Feira Franca de Pontevedra e a miña proposta para o taller foi facer estreliñas de barro, para colgar e formar así constelacións xa que era o tema proposto pola organización. Cal foi a miña sorpresa que a meirande parte dos nenos e nenas que acudiron á miña mesa, nunca modelaran en barro. Como pode ser? Era unha das actividades clásicas na xa lonxana EXB. En actividades extraescolares que desenvolvín dende o verán, vin que era moi común que os nenos e nenas non coñeceran o modelado con barro e arcilla, por iso ultimamente estou traballando moito con este material. É moi doado e se ademáis lle engadidos formas ou moldes saen cousas moi fermosas que serán o orgullo de calquera habitación infanti… Nós probamos cas estreliñas e coas casiñas e o resultado, pois xa vedes, todo amor!

 modelado_mimadriña

Ademais Palmira recoméndanos o blog Innovarte Infantil onde Angeles e Isabel, docentes de infantil, falan sobre o modelado e un novo material que parece ata máxico!

*Fotografías: mimadriña

¡Compártelo!
Artículo anteriorTeatro en Ferrol
Artículo siguienteModelado con Mimadriña

Escribe un comentario