Mint and Persimmon

Inauguramos nova temporada no blog falando de moda e dunha das tendas que máis nos gusta. Xa a descubrimos hai tempo e con cada nova colección namorámonos máis das súas prendas. En Mint and Persimmon encontraredes o último en moda infantil coreana. Cóntanos a impulsora Fátima Lorenzana que “en Corea dáselle moita importancia á moda e no que se refire á infantil hai multitude de firmas, entre elas hai unhas cantas que fan deseños incríbles. Todas elas teñen certas similitudes, e é que impulsan unha forma de facer as cousas baseadas na exclusividade e orixinalidade, cunha fabricación case artesanal e stocks moi reducidos”.

 

mintandpersimmon1

 

deseño e orixinalidade   

 

Moda para nena e neno dende os 12 meses ata os 9 anos, con telas moi especiais, deseños de espíritu vintage e acabados moi coidados. “Enseguida empezou a rondar pola miña cabeza a posibilidade de traer algunhas desas firmas a Europa. Hai un ano e medio a idea tomou forma e creei Mint and Persimmon como tenda online. En maio deste ano abrín un pequeno centro de operacións na cidade onde resido, Xixón, que fai ás veces de almacén e showroom, e que está aberta ao público nos periodos en que non estamos participando en ningún evento”, explica Fátima.

 mintandpersimmon2

mintandpersimmon3

 

Mint and Persimon

Con esta mestura de menta e caqui Fátima quixo reflectir a frescura da roupa “mint” e a variedade do caqui, que habitualmente se consume, “persimmon”. “A árbore necesita un aclareo de flores para que produza menos caquis pero de mellor calidade… algo que podemos traducir perfectamente á roupa coreana, roupa de moi boa calidade e de stocks reducidos. Persoalmente resúltame unha froita absolutamente deliciosa e entre os países produtores atópase Corea”, cóntanos a súa creadora.

Fátima explicounos que nestes momentos se centran na distribución oficial destas marcas en Europa. Acaban de poñer en marcha unha plataforma online para o mercado Wholesale, onde as tendas poderán comprar directamente en calquera momento da temporada.

 

mintandpersimmon4

 
 

En Mint and Persimmon encontraredes frescura, deseño e orixinalidade. Podedes descubrir a súa nova colección na web: mintandpersimmon.com e seguir as súas novedades a través de Facebook (aquí) e Instagram (aquí).

 
 
 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.