Concertos de Mamá Cabra

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore galego e temas propios para crear un espectáculo didáctico, lúdico e participativo. Crea cancións para escoitar, saltar, bailar, reflexionar… baseadas en poemas de Gloria Sánchez, Ana María Fernández, Concha Blanco, Antonio García Teijeiro…

mamacabraO espectáculo musical de Mamá Cabra busca a participación dos nen@s de 0 a 10 anos. Teñen tres espectáculos marcha: Ola Ola La son cancións para concierciar aos máis pequenos da importancia de comer ben, de respetar o medio ambiente, da amizade…; Xa me tardan estes Magos é un disco que xorde coa intención de renovar as tradicionais panxoliñas; e Cantos pequenos é un repaso á traxectoria de Mamá Cabra.

Os concertos previstos para estes meses son:

16 de novembro | 20 horas| Ola Ola La – Auditorio municipal de Tui

16 de decembro | 18.30 horas | Xa me tardan estes Magos – Auditorio Gustavo Freire de Lugo

21 de decembro | 20 horas | Xa me tardan estes Magos – Casa da Cultura de Boiro – Entradas: 1,5 e 2€ | Á venda o día do concerto

22 de decembro | 19 horas | Cantos Pequenos– Forum Metropolitano da Coruña – Entradas: 5€ (bono de 3 entradas a 12€) en Servinova ou o día do concerto

23 de decembro | 12 e 18 horas | Cantos Pequenos – Auditorio Municipal de Vigo | Entradas esgotadas

26 de decembro | 17.30 horas | Cantos Pequenos – Auditorio Hernán Naval de Ribadeo | Entradas: 2,5€ 

27 de decembro | Bicos de Música – Auditotorio Municipal de Cangas

28 de decembro | 18 horas | Cantos Pequenos– Pazo da Cultura de Carballo | Entradas: 2,5€ adultos e 2€ nen@s

29 de decembro | 18.30 horas | Xa me tardan estes Magos –  A Fábrica en Oleiros | Entrada libre ata completar o aforo

30 de decembro | 18 horas | Cantos Pequenos – Auditorio Lois Tobio  de Gondomar | Entradas: 2,5€ | Á venda 1 hora antes do concerto

2 de xaneiro | 18 horas | O mellor de Mamá Cabra – Casa do Peso As Pontes

3 de xaneiro |  18 horas | Xa me tardan estes Magos –  Casa da Cultura de Bertamiráns en Ames | Entradas: 4€ adultos e 3€ nen@s

4 de xaneiro | 12 horas | Xa me tardan estes Magos –  Auditorio Municipal de Redondela | Entradas: 4€ adultos e 2€ nen@s

4 de xaneiro | 19 horas | Bicos de Música – Auditorio Municipal de Ribeira

Dirixido a: todos os públicos

Podedes consultar máis información na web Merlo Branco Producións.

2 Comentarios

  1. Ola,

    Gustaríame saber onde podo ver máis información sobre estes espectáculos e onde podo mercar as entradas.

    Saúdos

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.