Maio Solidario en Gadis

Hoxe falámosvos dunha iniciativa solidaria: Maio solidario en Gadis!!! É unha campaña de recollida de produtos que ten como fin cooperar con nove Bancos de Alimentos de Galicia e Castela e León. Este mes encontraredes en 158 Supermercados Gadis os puntos de recollida para depositar alimentos non perecedoiros, que serán entregados no mes de xuño aos responsables dos Bancos de Alimentos Rías Altas, Vigo, Lugo, Ourense, Palencia, León, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e ao Banco Veciñal de Teo.

Ademais GADISA realizará a súa doazón de produtos, que sumará á cantidade que recolla durante todo o mes de maio nos puntos de venda Gadis. Serán as entidades sociais as que xestionen o reparto dos produtos alimenticios entre as numerosas asociacións e ONG´s que atenden de forma habitual para una maior eficiencia no resultado da campaña.

Xunto a esta iniciativa, nos meses de marzo e abril Gadis colaborou con Aldeas Infantiles SOS Galicia e Cruz Roja aportando os produtos necesarios para preparar as merendas para nenos e mozos atendidos polas entidades sociais.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.