Los Colores Olvidados

Hai meses coñecín a través de Verkami o proxecto Los colores olvidados yencantoume! Non o dubidei e puxen o meu pequeno grato de area para que saíse adiante… Compartimos a súa filosofía e dende lamariola tamén queremos dar un pouco de cor ao mundo e por iso encantounos colaborar (aínda que fose unha doazón mínima).

As súas creadoras Silvia G. Guirado, Desiree Arancibia e Marta García utilizaron o crowdfunding para imprimir e publicar a colección infantil de Los cores olvidados, tres libros ilustrados cheos de maxia con tres personaxes carismáticos: Carmesina, Serafín e Gato Negro. A semana pasada chegoume como “recompensa” o libro Serafín e é un encanto…

loscoloresolvidados

[blockquote indent=”yes” ]Que é o crowdfunding?[/blockquote]

Seguro que moitos xa o escoitastes e mesmo colaborastes porque é unha práctica moi estendida en todo o mundo e cada vez máis no noso país… Así o explica Gato Negro:

crowdfunding é unha forma de financiar proxectos a partir da suma de achegas individuais. Deste xeito, coa suma total de cada achega obtense o financiamento para levar a cabo o proxecto e os mecenas -as persoas ou entidades que realizaron achegas- conseguen diferentes recompensas exclusivas.El crowdfunding axuda aos creadores a levar a cabo os seus proxectos e sonos…

Esta é a tenda online: tienda.loscoloresolvidados.com/colores/ e o pack peques cos 3 libros custa 24,5€… non o perdades!

 

¡Compártelo!
Artículo anteriorLos Colores Olvidados
Artículo siguienteO Musical O Mago de Oz

Escribe un comentario