Libros de outono

Os contos e libros son compañeiros durante as catro estacións, pero hoxe quixemos recomendarvos algunhas lecturas para as tardes de outono.

A toupiña no outono

a toupiña outono

A toupiña é un personaxe animado nunha serie de debuxos animados, creados polo animador checo Zdeněk Miler. Neste conto coñecederes á toupiña e aos seus amigos que farán marmelada cos froitos do outono. Un álbum ilustrado cheo de cores cunha bonita historia. En Patas de Peixe. Prezo: 6,5€

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Oh, los colores!

oh_loscolores

Jorge Luján repasa a gama cromática con pequenos poemas, asociando cada color a elementos da natureza, emocións ou sensacións. Delicadas, e cun gran poder suxestivo, son as acuarelas de Piet Grobler. Poemas e pinturas xuntos forman un ‘todo’ harmonioso e crean moito espazo para admirar e soñar. En Kalandraka. Prezo: 14€ + de 6 anos

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Sopa verde

sopaverde_oqo

Falámosvoz dunha das novidades de OQO editora. Moitos lectores sentiránse identificados co protagonista. Ao igual que o coello, gran parte dos pequenos prefire os alimentos que coñece, e rexeita os novos. Un dos retos dos pais é conseguir que os seus fillos coman dunha forma equilibrada e sa, xa que é esencial no seu crecemento e desenvolvemento físico e intelectual. En OQO editora. Prezo: 12,90€ + de 3 anos

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

El árbol rojo

el_arbol_rojo

En Libros de papel vimos este álbum que nos encantou. A historia descríbenos o día a día dunha moza, retratando un mundo de soños no que o fantástico se transforma en realidade, unha viaxe dende a desesperación á esperanza. En Libros de Papel. Prezo: 15€

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.