La Escolinha de Khanimambo

Xa vos falamos en máis ocasións do que nos gusta a Fundación Khanimambo, a súa filosofía, pero tamén os seus proxectos. Dende lamariola aportamos o noso pequeno grao de arena e colaboramos para que o seu proxecto de educación poda seguir adiante. A educación é o epicentro do seu traballo e a Escolinha de Khanimambo é o proxecto co que apoian a educación que reciben os nenos no colexio e danlla a aqueles que nunca a tiveron.

En Praia de Xai-Xai, moitos nenos e nenas estudian tarde. Outros non están escolarizados por ter que gañarse o arroz traballando. Ao iniciar o colexio, non son capaces de falar e escribir en portugués (o idioma oficial do país), nin de enfrontarse aos libros como o resto dos seus compañeiros. A este feito súmase que, na maioría dos casos, son nenos que sufriron unha desnutrición infantil considerable que modificou a dinámica propia do seu desenvolvemento, mermando nas súas aptitudes e habilidades.

Máis de 200 nenos benefícianse deste programa que funciona 10 horas ao día e no que os niños asisten ás clases de apoio escolar centradas principalmente en que adquiran unha sólida base en lingua portuguesa e ciencias. Son 4 aulas de Escolinha para que os nenos podan concentrarse e os profesores estén en contacto directo cos profesores dos nenos no colexio público, para unha mellor compenetración no modelo de ensinanza e na evolución dos alumnos.

escolinha

 

En 2013 conseguiron que o 92% dos alumnos que pasan pola Escolinha de Khanimambo conseguise pasar de curso na escola oficial

Porque ir á escola é fundamental, pero que pasa cando chegas a casa, tes que facer os deberes á luz dunha candea, tes que ir a buscar auga á fonte que está 30 minutos andando, cargar con bidóns de 25 litros de auga, tes que axudar á túa nai na horta…? En Khanimambo ocúpanse destes problemas para que os niños se dediquen a estudiar e tamén a divertirse!

Podedes seguir todos os seus proxectos e tamén saber cómo colaborar a través da súa páxina web: fundacionkhanimambo.org.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.