A clase colectiva no método Suzuki

Un mes máis a nosa colaboradora Paula Colás fálanos de cómo son as súas clases colectivas e cómo as traballan dentro do método Suzuki. Esto é o que nos conta:

Xa vimos en anteriores ocasións que é parte fundamental do método e hoxe gustaríanos achegarvos un pouco a elas e que vexades que é o que se fai e como. Cando planificamos en curso tratamos de agrupar na medida do posible aos nenos por idades e niveis. Trátase de que saquen o máximo partido a cada sesión e que en ningún momento se sintan perdidos. Cada grupo, entón, ten un nome e un distintivo co que traballaremos o resto do curso (este ano fixémolo por cores) porque axuda aos nenos pero tamén aos pais para organizarse e saber que material específico necesitarán.

 

carnaval suzuki

 
[blockquote indent=»yes» ]Planificación[/blockquote]

Como en todas as clases é necesaria a planificación por parte do profesor a longo prazo e saber que queremos conseguir con cada grupo. Por exemplo, cos nenos que acaban de empezar (nós chamámoslles pretwinkles) buscaremos que teñan boa postura, que desenvolvan a habilidade de escoitar, de crear un grupo, de ter un son básico bonito…mientras que cos nenos que xa levan tempo refinaremos todo o anterior pero traballaremos a musicalidade, ter un son de conxunto, aspectos técnicos concretos…

Ademais pódense engadir monográficos especiais para datas ou ocasións (clases de Halloween, de Carnaval, de primavera…) porque os motiva e ven a parte divertida e lúdica da clase de violín. Así tamén saímos da rutina do día a día e cárganse pilas para o resto do trimestre.

 


 
[blockquote indent=»yes» ] Estrutura da clase[/blockquote]

Outra das partes importantes é saber como estruturar cada clase: os nenos ( e máis en grupo) poden desconcentrarse á mínima así que temos que planear actividades que de xeito combinado fagan que a clase sexa completa e que nunca haxa un ritmo lento: xogos de concentración, de memoria, de improvisación, de escoita fai que os nenos estean pendentes e vaian creando pouco a pouco a rutina do grupo e así saber como comportarse e como participar.

Eu sempre remato a clase facendo Music Mind Games (para complementar a formación e que aprendan música dende o principio á vez que o fan co instrumento). Por riba de todo as clases colectivas son aquela nas os nenos máis gozan, máis socializan e onde realmente gozan do violín. Gústalles formar parte dun grupo, saber tocar con eles, facer concertos xuntos… e iso para un profesor é un privilexio inmenso.

 
 

[blockquote indent=»yes» ]Graciñas Paula![/blockquote]

[divider style=»dotted» height=»40px» ]

 

Se queredes saber máis sobre este método Paula xa nos contou:

  • Que é o método Suzuki: AQUÍ
  • O papel dos pais no método Suzuki: AQUÍ
  • Cómo son as clases do método Suzuki: AQUÍ

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.