III Feirón Medieval dos Andrade

III Feirón Medieval dos Andrade en Pontedeume

II Feirón Medieval Pontedeume - www.pixelinphoto.com

Pontedeume retrocede na historia para revivir por terceiro ano o seu Feirón Medieval con actuacións e teatro para pequenos e maiores. Os días 29 e 30 de xuño e o 1 de xullo a vila dos Andrade énchese de cores, traxes e mercados para recrear esta feira medieval.

Con música e teatro arranca o venres 29 de xuño a feira, con  espazos dedicados aos máis pequenos: o Recuncho Infantil na Praza do Pan, os Burriños de Palestina e a Lanchiña na Praza do Conde e o Tiovivo na Praza de España. Espazos que estarán abertos durante toda a fin de semana.

O sábado día 30 haberá teatro de rúa e música, pero ademais, a partir das 21 horas poderemos ver unha representación da Revolta Irmandiña: os campesiños percorrerán Pontedeume ata chegar ao Torreón. Poderá unirse á Revolta contra os Andrade todo o que o desexe, levando antorchas ou paus.

Na praza do Conde haberá unha exposición de aves rapaces e nos balcóns do Mercado obradoiros e tiro con arco para nenos e adultos.

O domingo día 1 de xullo comezará cun pasarrúas Especial Nenos polo Feirón, no que poden participar todos os pequenos. Ás 19.30 horas comezará a Feira Máxica Medieval, un espectáculo familiar do mago Cayetano Lledó. Ás 22.30 horas pechará esta edición do feirón con pirotecnia e lume.

Podedes consultar o programa completo nesta web

Escribe un comentario