Ideas para o Día do Pai

Falta unha semana para o Día do Pai e xa sabedes que en lamariola gústanos celebrar estas datas con detalles creativos e feitos na casa, 100% handmade. Así que pensamos en inspiraros un pouquiño con estas ideas sinxelas.

En LumeBrando vimos estas piruletas ideais para los pais máis golosos. Neste blog explícannos como facelas e como facer o moustache cunha plantilla en papel vexetal.

gallegas_moustache

 

Cun bote de cristal cheo de aquilo que máis lle guste ao noso pai acertamos seguro! No blog de Sarah Hearts atopamos este bote e tamén as plantillas da tarxeta, que podemos imprimir, ou incluso mellor, que a escriban os nenos!!

bote_diadelpadre

 

E falando de tarxetas en DibujosparaColorear permítennos descargar e imprimir algunhas. Os nenos, sobre todo os máis pequenos, poderán colorealas e recortalas!!

tarjetas_colorear_dia_padre

E outra manualidade moi bonita e creativa para regalar aos papis é esta guirnalda de peixes de papel. No interior deles os nenos poderán escribir a súa propia mensaxe. Vímola no blog IngThings, non vos parece preciosa?

guirnalda_peces

guirnaldapeces

E unha última idea, unha foto bonita. Esta de EviS en Flickr encántanos!!!

foto_diadelpadre

 

FOTOS: 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6

 

[blockquote indent=»yes» ] Tedes algunha idea máis? Se facedes algunha desta podedes compartila con nós!!![/blockquote]

 
 
 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.