Ideas para envolver regalos

Aínda coa resaca da Noiteboa e do Nadal… nós imos un pouco rezagados porque na nosa casa soamente chegan os Reis Magos… Por iso, aínda que a destempo para os que xa regaláchedes en Papa Noel, amosámosvos ideas para envolver os agasallos que fagades estes días.

Seguro que moit@s de vós envolvíchedes con teas algún regalo nalgunha ocasión, quizás sen saber que a técnica se chama Furoshiki. É un pano xaponés que se utiliza para envolver agasallos e facelo dunha forma orixinal e creativa. Amosámosvos algúns exemplos:

 furoshiki-cerrado

envolver_con_tela

Si vos gusta a agulla e o fío podedes bordar o papel. En Little Empty Room explicannos paso a paso e queda así de bonito:

regalos_bordados

E tamén con fío e máquina de coser podemos crear os nosos propios envoltorios coa forma que máis nos guste. Vímolo en PepperMintPlum.

regalos_cosidos

Un pompón de lá ou de papel sobre papel craft converte un agasallo en algo especial, un envoltorio ideal para estas datas! O mesmo pasa coas plumas…

pompones_regalos

regalos_plumas

 
 

FOTOS: 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6

 
 

Gústanvos as ideas? Podedes compartir as vosas deixándonos un comentario…

 
 

Escribe un comentario