Habitacións para bebés

Hoxe queremos comezar a nosa sección DECO e enchela de ideas e inspiración para decorar as habitacións infantís. No noso panel de Pinterest encontraredes algunhas das habitacións que fomos descubrindo… E como hai unha chea de posibilidades irémolas amosando pouquito a pouco nesta sección.

A idea é decorar a habitación de maneira que poda ser para un recén nacido, pero que con poucos cambios se vaia transformando a medida que o bebé medra e que cambian tamén as súas necesidades. Con moita creatividade e buscando a inspiración pódense facer cousas super lindas sen gastarnos demasiado presuposto.

Hai varias cousas que temos que decidir previamente e quizáis as cores e tonalidades son as máis importantes. Veredes que dende lamariola fuximos do clásico azul para nenos e rosa para nenas… encántannos as cores neutras: branco, grises, beige…
Aquí vos deixo unha selección das habitacións que máis nos gustan. Sinxelas e acolledoras.
habitacionparabebe3
habitacionparabebe4
Visto en PoppyTalk

habitacionparabebe1

Visto en Penélope Home

habitacionparabebe5

Visto en Miluccia

habitacionparabebe2

Visto en The Beetle Shack

Que vos parecen? Algún consello?

Escribe un comentario