Galletas ricas e sinxelas!

Achégase unha fin de semana de chuvia así que vos recomendamos unha receita sinxela para cociñar cos nenos estes días de outono. Atopámola en Cocinando con mi Carmela, un blog de cociña e fotografía que nos encanta, non deixedes de visitalo!

As galletas caseiras son exquisitas e eleximos estas galletas digestive así que mans a á obra! Necesitaremos: 500gr de fariña integral ou de espelta, 250gr de manteiga, 75gr de azucre, 2 culleriñas de sal, 2 culleriñas de fermento en polvo e 2 culleres de leite.

galletas_digestive

Encontraredes o paso a paso da receita en Cocinando con mi Carmela. Resumimos: mesturamos a fariña e a manteiga, engadimos o azucre, o sal, o fermento e o leite. Amasaremos ata que a masa sexa pegañenta e cubriremos a bola de masa con film e á neveira uns 30 minutos. Estiramos co rodillo e cortamos co cortador. Colocamos na bandexa forrada con papel de forno e co forno precalentado a 180º, témolas 10 minutos. Et voilà!

Receita e imaxe: Cocinando con mi Carmela

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.