Gadis estará en “Somos papás”

caixiña_mistos_gadisBebegadis estará presente no Salón infantil “Somos Papás” que se celebrará entre os días 11 e 13 de outubro en Expocoruña. Gadis achegaráse aos máis pequenos acompañado da Caixiña dos Mistos e de inchables.

A Caixiña dos Mistos é unha caravana itinerante de cinema infantil con contidos audiovisuais dirixidos a un público infantil, curtametraxes á carta onde os nenos elixen as piezas a proxectar.

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Congreso de AGAFAN

Ademais Gadis tamén apoiará os días 19 e 20 de outubro o VII Congreso de AGAFAN (Asociación Galega de Familias Numerosas) que se reunirá en Expocoruña e acollerá ponencias, debates, sorteos… O prezo é de 20€ para as familias asociadas e 30€ para as que non son socias. Podes mercar aquí a túa entrada.

Este ano ademais celebrarán tamén o I Salón Galego para Familias Numerosas no que as empresas participantes presentarán os seus produtos e vantaxes para as familias. Haberá unha zona infantil onde haberá xogos, talleres, cine, inchables, con monitores especializados… e como fin de festa: a Orquestra Panorama e a banda tributo a Queen, Dr. Queen.

bebegadis

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.