Fundación Khanimambo

Retomamos o blog e facémolo dunha maneira moi especial porque hoxe falámosvos da Fundación Khanimambo. Hai xa un ano por casualidade ou por sorte cheguei á web da fundación e despois ao blog Vieira en África. Namoroume a súa historia e a súa valentía. Cando les as súas experiencias sentes que todo se revolve no teu interior e xunto á admiración, tamén sentes un pouco de envidia sa. Hai que ser valente para facer o que Alexia Vieira, Jorge Juárez e María Moreta iniciaron no año 2007. Alexia, con 24 anos, decidiu marcharse a 8.000 quilómetros da súa casa e da súa familia e vivir nunha pequena aldea de Mozambique. Agora, sete anos despois, formou a súa familia en Praia de Xai-Xai.

 

alexia_khanimambo

 

[blockquote indent=»yes» ]Para entender as necesidades de toda unha comunidade, hai que formar parte dela[/blockquote]
 

E iso é precisamente o que fixeron Alexia e Eric. Viven en Praia de Xai-Xai onde traballan conxuntamente co equipo mozambiqueño atendendo no centro a nenos e familias do proxecto.

Despois de emocionarme ao ler as súas vivencias, as súas experiencias e os seus proxectos, decidín que me gustaría aportar o meu graniño de area e formar parte da Fundación dalgunha maneira. Contaxiáronme as súas ganas e a súa ilusión. Así que escribín un mail a Alexia. A través da web xa descubrira que a Fundación Khanimambo non era so unha ONG, era algo máis. E ao poñerme en contacto con ela e con todo o seu equipo comprobeino de primeira man. Porque esta palabra rara de 10 letras significa «grazas» no dialecto shangana e para min tamén significa SORRISO, ILUSIÓN E XENEROSIDADE.

 

[blockquote indent=»yes» ]Significa oportunidade de que as cousas  a veces sí se poden amañar/cambiar[/blockquote]
 

Déronme a benvida cun «Estamos xuntos» e tamén me fixeron chegar este donativo de felicidade.

Donativo-de-felicidad-Henia

 
 

Por agora xa recibín máis do que aportei e conseguiron debuxarme un gran SORRISO. Se queredes deixarvos axudar polos nenos da Fundación na súa web encontraredes cómo facelo.

A lamariola xa nos axudaron moito!!

 
 

 
 
 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.