Festival de títeres

Sabíades que o Centro Comercial Los Rosales da Coruña está de aniversario? Cumpre 17 anos e celébrano cunha programación especial para pequenos e maiores. Prepararon un mes cheo de actividades e sorpresas… Ademais dos talleres creativos do Club Infantil (que xa vos contamos AQUÍ) os días 11, 18 e 25 de outubro celebran un Festival de Títeres, pensado para que os peques da casa o pasen en grande. 

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

FESTIVAL DE TÍTERES – Planta Baixa. Centro Comercial Los Rosales

11 de outubro | 19.30 horas | Titeremusicuentos. Contos tradicionais gllegos contados e cantados

18 de outubro | 19.30 horas | Pinocho, basado no conto de Carlo Collodi Le avventure de Pinocchio

25 de outubro  | 19.30 horas | El libro de la selva, as aventuras de Mowgli na selva

 [divider style=”dotted” height=”40px” ]

Ven ao cine por 4,90€

cineyelmo_rosales

Dende o 1 de outubro e ata o 21 de novembro de 2013 o Centro Comercial Los Rosales permitirávos disfrutar das últimas estreas por un prezo de 4,90€. A promoción é válida para dúas persoas presentando un cupón que podedes descargar na páxina web do Centro Comercial Los Rosales (www.cclosrosales.com), no seu Facebook (www.facebook.com/cclosrosales) ou na propia web de Yelmo Cines Los Rosales. As dúas entradas serán para o mesmo día, película e sesión. Os suplementos non están incluídos na promoción (3D, gafas e butaca vermella). A promoción non é válida para venta anticipada e  non acumulable a outras promocións.

 

C. C. LOS ROSALES na Coruña (Planta Alta) Como chegar

Escribe un comentario