Faldas de papel con Mimadriña

Xa vos presentamos á nosa colaboradora máis creativa: Mimadriña. Hoxe ensínanos como facer unhas saias de papel e unhas diademas con folios de cores.

[blockquote indent=»yes» ]Así nolo explica Palmira:[/blockquote]

Necesitamos:

  • Folios de cores
  • Tesoiras. Con troqueladoras de formas quedará moito máis bonito, pero non son imprescindibles, podemos recortar ou debuxar en caso de non tener estas ferramentas.
  • Celo ou washi tape
  • Grapadora

Aquí vedes o paso a paso:

  1. Teremos que medir o contorno da cintura (aproximado) e colocar os folios tal e como aparece na imaxe 1, facendo unha media curva e pegándolos con celo para que non se nos movan.
  2. Previamente recortaremos varios folios de cores que serán os elementos decorativos. Recortámolos en tiras duns 5 cm de grosor.
  3. Faremos os elementos decorativos con troqueladoras en forma de corazón, de estrela ou de cículos, ou ben recortando formas cunha tesoira. Tamén podemos pintar debuxos sobre folios de cores ou incluso decoralos con washi tape.
  4. O seguinte paso é pegar estas cintas decorativas sobre a base da saia, tal e como aparece na imagen 2.

pasoapaso_mimadriña

5. Cando engado os elementos decorativos, non o fago desde arriba, deixo uns cinco ou seis centímetros de papel en branco, fágoo para dobrar despois e tapar as unións e partes feas e quede ben rematadiña. O washi tape o podedes utilizar para decorar facendo cenefas, queda xenial!

6. O último paso é unir os dous extremos da saia. Farémolo cunha grapadora e pegaremos por riba unha cinta de cores ou ben washi tape para que quede máis bonita e agochar deste xeito as grapas.

faldas_mimadriña

Probade! Unha tarde de sábado xenial… este foi o resultado!!

faldamimadriña
[divider style=»dotted» height=»40px» ]

 

Podedes seguir os traballos e proxectos de Mimadriña na súa web e no seu blog: mimadrinha.com

Ademais as súas creacións están á venda na tenda onlinemimadrinha.bigcartel.com

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.