Espinilleiras para os nenos futboleiros

Seguro que moitos dos vosos nenos e nenas son futboleiros así que o post de hoxe vai para eles. Porque, sobre todo se xogan a miúdo, un dos complementos que non falta na mochila son as espinilleiras ou caneleiras. Descubrimos unhas espinilleiras moi especiais, que ademais de ser feitas a man, pódense personalizar.

Simón Cabarcos é o creador da marca Blindaxe e das espinilleiras fabricadas a man dende un taller das Pontes (A Coruña). As súas espinilleiras xa as levan futbolistas de todo o mundo e preguntámoslle porqué son tan especiais…

 

[blockquote indent=”yes” ]Cada detalle é coidadosamente estudiado. Son proteccións realizadas en fibra de carbono de alta calidade para todas as idades, onde se combinan as características únicas deste material cun deseño personalizado, permitindo que o xogador se sinta moito máis cómodo e case nin sinta que leva esa protección na perna á hora de xogar.[/blockquote]

Cóntanos Simón que no proceso de deseño trataron de garantir a máxima protección do deportista, ao mesmo teempo que permite a realización da súa actividade ao máis alto nivel, coa comodidade que aportan unha lixeireza e adaptabilidade extremas. Con este produto conséguese unha protección extraordinaria tanto da tibia como do peroné do xogador, reducindo de forma significativa as lesións.

Espinilleiras customizadas

A personalización das espinilleiras Blindaxe é total, incluso a cara interior da espinilleira é personalizable. Pódense personalizar de todas as formas posibles: con fotos, bandeiras, nomes, frases…

Explícanos Simón que hai dúas opcións, o que sería unha espinilleira flexible que permite, na fase na que a nena ou o neno medre, se adapte perfectamente a esos cambios, e tamén fabrican un modelo ríxido, que sería unha opción moi boa debido á súa gran capacidade de absorber impactos sen que o xogador ou xogadora se entere.

[blockquote indent=”yes” ]Como e onde mercalas?[/blockquote]

Para idades infantís a medida é fácil de concretar mediante chamada telefónica ao 609 463 398 ou ben mediante mail a contacto@blindaxe.com. Precísanse saber unha serie de medidas da perna do neno ou nena, que facilmente se pode medir na casa, e saber tamén cómo se queren personalizar. No departamento de deseño encárganse de facer bocetos para amosar ao cliente. No momento que o boceto está aceptado e coas medidas das pernas, en Blindaxe póñense mans á obra e no prazo de 72 horas o cliente ou clienta ten as espinilleiras na súa casa.

*O prezo varía un pouco en función de se levan sistema de amarre ou non o levan pero con envío e IVE incluído o prezo rolda os 105 euros.

Podedes ver máis deseños na súa web: www.blindaxe.com

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Escribe un comentario