El Globo, moda infantil

Comezamos a semana con outro dos nosos descubrimentos do salón Somos Papás da Coruña: El Globo. Con tenda en Narón (A Coruña) é unha marca que confecciona en Galicia e María José Caneiro, a súa creadora. Ela deseña, fai patróns, corta e confecciona.

Contounos que se fixo cargo de El Globo en xullo de 2012, despois de que as anteriores propietarias, para as que ela traballaba decidiran traspasalo. Así foi como María José se puxo á fronte de El Globo, unha tenda na que podedes vestir a os vosos peques dende a talla 0 ata os 6-8 anos.

Por agora vende na tenda que teñen na rúa Linares Rivas de Narón, pero espera poder ampliar mercado e preparar coleccións para outras tendas.

elglobo moda infantil

[blockquote indent=”yes” ]O estilo de El Globo[/blockquote]

A roupa de El Globo conserva un toque tradicional con modelos con teas de sempre como o piqué, as batistas, popelines e algodóns, combinados con toques actuais como estampados e cores que cada temporada sorprenden. Todas as súas coleccións teñen un número limitado de prendas.

Ademais ofrécennos a posibilidade de personalizar cada prenda. O cliente pode cambiar a color dun piquillo, unha puntilla ou adecuar o modelo ás súas necesidades. Son modelos realizados por encarga e soen ser exclusivos. Pensárono sobre todo para modelos de arras, bautizos e roupa de cerimonia.

En El Globo traballan tamén os complementos de punto e as caixas de regalo.

[blockquote indent=”yes” ]Tenda online[/blockquote]

Cóntanos María José que pronto lanzarán a súa tenda online e que por agora consultan a través da páxina de Facebook. Dende alí podedes escribirlles unha mensaxe e informaránvos de tallaxe e medidas, prezos e forma de pago. E ademais envían a calquera rincón de España.

elglobo moda infantil

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Onde está? En Linares Rivas, 12 en Narón – Como chegar

O seu teléfono é 981 109 561 e o seu Facebook: elglobonaron

[divider style=”dotted” height=”40px” ]
 
 
 

Escribe un comentario