Educo e as Becas Comedor

Hoxe falámosvos de Educo e do seu proxecto Becas Comedor. É unha das iniciativas que coñecemos máis de preto no Salón Somos Papás da Coruña grazas a Mónica Viqueira. Un proxecto que busca que os nenos e nenas poidan recibir algo tan básico como unha comida completa ao día.

Porque a dichosa e aburrida crise económica fixo que haxa nenos en España que non reciban nin unha soa comida saudable ao día, que o 25% dos nenos españois estean desnutridos e que 2,5 millóns de pequenos vivan en contextos de pobreza no noso país. E como a infancia e os seus dereitos son unha prioridade animámosvos a colaborar con Educo.

 

Como podemos colaborar?

Na súa web podemos facer un DONATIVO e colaborar cunha doazón única (dende 5€) ou ben mensualmente. Ademais permítennos elixir a comunidade autónoma á que queremos que se destine ou que Educo elixa por nós destinando a doazón á comunidade con menos recursos. Podedes chamar ao teléfono 902 191 919 para recibir máis información.

E aínda que a imaxinación dos máis pequenos é infinita non queremos que teñan que cear un bocata máxico…

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

 

[blockquote indent=”yes” ]Intervida + Educación Sin Fronteras = Educo[/blockquote]

 

Intervida e Educación Sin Fronteras uníronse para crear Educo, unha ONG global de cooperación para o desenvolvemento e que mantén a súa prioridade: a infancia e a defensa dos seus dereitos, en especial o dereito a recibir unha educación de calidade.

 

[blockquote indent=”yes” ]Porque moitos nenos teñen dificultades para acceder a dereitos tan básicos como a alimentación, a educación ou unha sanidade adecuada. Outros son víctimas de explotación laboral ou sexual, malos tratos, violencia de xénero, ou están separados das súas familias. Estas situacións son unha vulneración do seu dereito a ser respetados e a ter unha vida digna. E non debemos permanecer indiferentes ante isto.[/blockquote]

 

Porque invertir en educación é invertir na construción dun mundo máis solidario, sostible e xusto

[divider style=”dotted” height=”40px” ]

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.