Deportes e videoxogos en Espacio Coruña

Inazuma Eleven Go y Mario Bros estarán do 19 ao 28 de setembro no Centro Comercial Espacio Coruña para pequenos e maiores amantes do fútbol e dos videoxogos. Poderedes crear o voso once ideal e demostrar as vosas habilidades con Luz e Inazuma Eleven GO: Sombra, a versión para a consola da serie co mellor fútbol da tele e practicar as xogadas na zona de futbolíns.

Espacio Coruña encheráse de videoxogos: Mario Kart 8, o xogo para Wii U; tamén poderedes xogar a Mario Golf: World Tour y a Mario Tennis Open, todos para Nintendo 3DS e Nintendo 2DS. Ademais algúns dos personaxes de Nintendo visitarán Espacio Coruña e estarán alí para que os pequenos e maiores podan tocalos e fotografiarse con eles.

  • Do 19 ao 28 de setembro | de luns a venres de 17.30 a 20 horas – sábado e domingo de 10 a 14 e de 17.30 a 20 horas  – *pases do personaxe (Mario) para poder facerse fotos: 18.30, 19 e 19.30 horas (15 minutos cada pase)
  • CENTRO COMERCIAL ESPACIO CORUÑA na Coruña Como chegar

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.