Cueiros de tea I. Colo de Mai

Hoxe recibimos de novo no noso blog á nosa colaboradora Paula Vázquez de Colo de Mai. E comezamos polo principio… preguntámoslle: quero cambiarme á tea, pero por onde comezo?

Iston é o que nos contou…

Non será a primeira, nin a última vez, que algunha familia me di…”Eu estaba interesada en usar cueiros de tea, pero entrei en Internet, vin tantos tipos, que me volvía tola… ao final foi pasando o tempo, e xa non os chegamos a usar”, ou “comprei un pack aforrro, pero a miña nena non lle ían ben, pareceume que os cueiros de tea non eran para nós”…

Cando nos achegcamos a este mundo, sen asesoramiento ou sen coñecer experiencias previas, pode parecer complicado elixir os pañais que se poden adaptar mellor ao noso bebé e ás nosas circunstancias. Por ese motivo quero compartir hoxe con vós uns consellos útiles para facervos cos vosos cueiros:

  • Non compres packs dun único cueiro ou tipo, sen probarlos previamente, aínda que pareza que vas a aforrar diñeiro, é fácil que non vos vaia ben ese en concreto, y arriscaredes unha boa cantidade de diñeiro. Algunhas tendas ofrecen packs de iniciación con varios cueiros diferentes, esta é unha boa opción, axudaráche a saber cal vos vai mellor.
  • Non so teñas en conta a estética do cueiro, por moi bonito que che pareza un determinado deseño, se che dá fugas á hora de poñelo, acabarás por non usalo.
  • Os cueiros máis caros, non sempre son os mellores. Non existe un cueiro mellor. O mellor é o que che funcione a ti e ao teu bebé.
  • Os cueiros que se venden como unitalla, salvo excepcións, quedan grandes aos recén nados, ou ata que acadan un peso duns 4 ou 5 kilos. O máis probable é que teñas fugas con eles. Teno en conta.
  • Se desexas pañalear con tea dende o principio, os cueiros máis sinxelos, as gasas de toda a vida, ou os predoblados con cobertor soen resultar útiles para as primeiras semanas ou meses.
  • Se te atopas con algunha dificultade ao iniciarte, non dubides en consultar con algunha asesora, normalmente atópanse solucións.
  • Ten en conta o teu estilo de vida á hora de escoller un ou outro tipo de cueiro, entre tanta variedade atoparás o que vos poda resultar útil.
  • Se tes posibilidade, acode a unha charla ou taller de cueiros de tea, fala con outras nais que os utilizaran ou contrata unha asesoría. Normalmente, polo custe dun so cueiro, terás profesionais á túa disposición que che guíen neste proceso.
  • Adquire cueiros que se axusten ás túas circunstancias, o que lle funciona a unha familia non ten por qué servirche a ti.

Tomamos nota! Graciñas Paula polos teus consellos! E recordade que xa podedes ver  e consultar a tenda online en colodemai.es e tamén consultar as condicións das súas asesorías de cueiros de tea.

logo_colodemai

*Foto vía Flickr.

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.