Contos no ar

Contos no ar no Teatro Colón

contos no aO Teatro Colón da Coruña acolle o día 10 de marzo a obra Contos no ar, a historia dun cazador de contos. Peter Hamelin Merlín tamén chamado TÍ trasladará a pequenos e maiores ao país dos contos. Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hai algúns grandes e outros pequenos, hai bolboretas amarelas  e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos voan por ese marabilloso Mundo das Ideas, concretamente no País dos Contos. ¿Ónde estará? Contos no ar farános pensar e entrar no Mundo das Ideas, ¿estades preparad@s? TÍ caza contos e ponos en gaiolas, que el mesmo fai coas palabras e entrégaos aos nen@s.

Dirixido a: Público infantil e familiar

10 marzo | 12 horas

TEATRO COLÓN na Coruña Como chegar

Prezo: Dende 7 euros

Entradas: Podedes comprar as entradas en Servinova.

¡¡PARTICIPA NO NOSO SORTEO DUNHA ENTRADA DOBRE PARA ESTE ESPECTÁCULO!!

 

Escribe un comentario