Contos na Casa das Árbores

Escoitar contos dentro dunha casa enriba dun castiñeiro e un carballo e ollar niños de paxaros escoitando os seus cantos. É o proxecto Contos na Casa das Árbores, posto en marcha polo contacontos Anxo Moure. Trátase dunha iniciativa que nace dunha longa traxectoria de educación ambiental e animación lúdico-pedagóxica, en principio a través da asociación de educación ambiental Papaventos.

Este proyecto é a continuidade de outras iniciativas como Contos Solidarios ou as Ciclobibliotecas, animacións en parques e prazas, praias, piscinas… cun ciclocarro holandés cargado con contos; ou máis recentemente o proxecto da Titiricleta, un festival de títeres itinerante enriba dun triciclo alemán.

Anxo Moure cóntanos que Contos na Casa das Árbores nace do desexo de toda nena ou neno de ter unha casa nunha árbore. Na aldea de Garabelos, en Mariz (Chantada) construíron enriba dun vello castiñeiro e un carballo unha casiña en madeira. Ademáis dunha biblioteca con libros e contos sobre as árbores, a casa ten unha terraza para 10 nen@s onde organizan contacontos, con incríbles personaxes que contan as súas historias vinculadas ao mundo da natureza.

As sesións de contacontos duran 30 minutos e os nen@s poden merendar na árbore e ler libros, para rematar a actividade coñecendo 30 especies difentes de árbores autóctonas plantadas ao carón da casa árbore, cada unha delas coa súa historia. Na casa fanse obradoiros e xogos e ademáis pódense celebrar cumpreanos.

Ademais teñen xa instalada a titiricleta e o barcolumpio, unha barca tradicional do río Miño, un batuxo de Lugo feito a escala.

ALDEA DE GARABELOS en Mariz (Chantada) Como chegar

Para participar é necesario reservar con antelación no teléfono 648 075 831 ou no correo electrónico carballoconbotas@hotmail.com.

Prezo: 5 euros cada nen@

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.