Colo de mai

Hoxe escribimos no blog cun sorriso máis grande do habitual porque imos a presentarvos a unha colaboradora de luxo. O seu nome é Paula Vázquez e o seu proxecto Colo de Mai.

A súa dozura e a súa paixón polo que fai conquistáronnos dende o primeiro momento. Porque tal e como nos conta Paula, Colo de Mai naceu da súa intención de xuntar dúas das súas paixóns: a súa profesión como traballadora social e a súa maternidade. “O meu desexo era chegar a un equilibrio entre os meus intereses e inquietudes profesionais e o meu propio momento persoal, a crianza das miñas dúas fillas, Celia e María, iniciais tamén do meu emprendemento“, explica.

A chegada das súas fillas foi o impulso que necesitou para continuar formándose, primeiro como “Asesoras Contínuum” para retomar o seu labor de traballadora social, asesorando familias, e despois como asesora de porteo. “Colo de Mai contén nas súas iniciais, as claves do porteo ergonómico: costas en C e pernas en M. Unha segunda casualidade ou mellor “causalidade”… En C e M comeza todo, o camiño cara á miña nova forma de entender o mundo,” cóntanos.

 

paulavazquez

 

Paula continuou formándose como asesora de lactación, crianza con apego, coidados nai canguro… introduciuse na mediación familiar, o coaching aplicado ao traballo social, e continúa en formación, neste momento como Doula. Ademais formouse con Eloísa López de Culitos de Tela e con Patricia Osuna de Bebés Naturales como asesora en cueiros de tea: “supuxo para o min un cambio na miña forma de entender a crianza. Intentaba evitar compoñentes nocivos para a pel do meu bebé, pero estendino ao coidado de toda a familia. Un proceso que empezou usando cueiros de tea, en lugar de desbotables, e que continúa, cun desexo de cumprir, na medida do posible, as tres erres da ecoloxía: Reducir Reutilizar e Reciclar” explica.

 
 

Colo de Mai

 

O seu último proxecto de Colo de Mai é a tenda online que pronto estará activa. A tienda está dedicada a aquelas familias que buscan unha alternativa en canto a produtos para os seus bebés, nenas e nenos, ademáis de incluir unha línea especializada para a muller, con produtos respetuosos coa súa propia natureza e coidadosos co entorno.


 

Que é Colo de Mai?

Un espazo onde se ofrecen servizos de información, orientación e asesoramento de maternidade y crianza, incorporando a experiencia e formación como traballadora social, como axente de cambio, de Paula Vázquez.

“Fáltannos referentes, e exemplos aos que mirar, e neste camiño intenso, queremos compañía, pero non que nos xulguen, nin nos digan o que temos que facer. De aí nace Colo de Mai. Servizos e produtos para ti, para que os uses á túa maneira, e os incorpores como desexes á túa vida diaria e á da túa familia”.

 
 
Pronto Paula nos acompañará no blog e nos irá introducindo pouquiño a pouco en todo o seu universo de Colo de Mai!!! Moitas grazas Paula,

agardámoste!

 
 
 

¡Compártelo!
Artículo anteriorColo de mai
Artículo siguienteAs maimiñas en Vigo

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.