Cidade Imaxinaria en Santiago

Cidade Imaxinaria en Santiago

Cidade ImaxinariaPulgas acróbatas, pompas de xabón xigantes, zeppelins, labirintos, zancudos, pallasos, malabaristas…  O vindeiro sábado 25 de agosto unha chea de artistas estarán no Gaiás para celebrar un festival con espectáculos ao aire libre para toda a familia: Cidade Imaxinaria.

O mundo do circo, os inventos e as ilusións ópticas ou os xogos tradicionais, obradoiros para nenos e para adultos e funcións audiovisuais e teatrais conforman a xornada.

Dirixida a: todos os públicos

25 de agosto | de 11.30 a 21.30 horas

CIDADE DA CULTURA en Santiago de Compostela Como chegar

Para máis información e reservas podedes consultar a web ou chamar ao teléfono 881 997 565.

Deixámosvos este vídeo da Cidade Imaxinaria celebrada hai un ano. ¡Animádevos a participar!

Escribe un comentario