Casa das Ciencias

Casa das Ciencias na Coruña propónnos descubrir o ceo e achegarnos á ciencia. O parque de Santa Margarita rodea este edificio cheo de atractivos para os máis pequenos. O péndulo de Foucault recíbenos para adentrarnos na actualidade científica dun xeito lúdico e divertido que non deixará a ninguén indiferente.

Invítannos a xogar, sentir, imaxinar, pensar e soñar… a través das súas tres plantas de exposicións: experimentos físicos, exposición temporal e actualidade científica. Conta ademais cun Planetario Dixital no que é posible ver as estrelas, a lúa e os planetas a través das súas sesións en directo.

Consulta as actividades e carteleira aquí.

Casa de las CienciasHorarios:  luns a venres de 10 a 18 horas | sábados, domingos e festivos de 11 a 19 horas. Xullo e agosto de luns a domingo de 10 a 20 horas

Prezo: 2€. Tarifa reducida de 1€ para menores de 14 anos, maiores de 65 e con Carné Xove. Planetario: 2€ (1€ tarifa reducida)

CASA DAS CIENCIAS na Coruña Como chegar

Máis información na súa web

 

 

 

 

Escribe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.